domingo, 17 de novembro de 2013

Todo ben conxuntadiño!!

Xa vedes o ben conxuntadiño que vai todo; temos, as bolsiñas, cada unha para a súa cousa, a roupa sucia, a merenda e a muda limpa, unha toalla con capucha, un arrullo para levar ó bebé ben tapadiño e a funda do nórdico. 
Espero que vos guste!!


xoves, 14 de novembro de 2013

sábado, 9 de novembro de 2013

Historia dun saquiño tristón...

Este saquiño que vedes aquí, xa levaba moito traballo feito...

Tanto que un día as cremalleiras deixaron de funcionar

Pero, ó chegar Costureiriña á súa vida o seu mundo encheuse de cores e de gañas de seguir paseando polo mundo...

E dende aquela, ata as cremalleiras decidiron voar polo seu percorrido!!!

Cada bolsiña para a súa cousa


Esta é a bolsiña para a roupa sucia forrada de tela impermeable


Esta é a bolsiña para levar a muda limpa


Esta é a bolsa da merenda forrada de tela impermeable