domingo, 27 de outubro de 2013
E tamén lle dou á pintura en tela
A verdade é que as camisetas en pintura de tela quedan igualiñas igualiñas como podedes ver así que, xa sabedes, se vos gusta algún debuxo en concreto dalgún conto, como foron estes casos, só tedes que dicilo e está feito!!
Cada mandilón co seu nome
Toca comezar no cole!!! Recordade que cada mandilón ten que ir co nome ben visible.
E se o facemos dun xeito colorido e orixinal??
Dixéronme, "elixe ti o debuxo que queiras"
Pois iso, que esta é a camiseta máis pequeniña que fixen ata o de agora, para unha pequerrecha á que lle toca nacer en decembro. Dixeronme que elexira eu o debuxo, e decidín facer unha tartaruga porque os movementos dos recén nacidos recórdanme ós dunha tartaruguiña, lentos e sempre intentando levantar a cabeciña.
Alá vai, con toooodo o meu cariño!!
venres, 25 de outubro de 2013
Costureiriña e artritris comezan a traballar en conxunto.
Ben, despois de varias conversas, todo parece indicar que en breve Costureiriña comezará a coser camisetas exclusivas deseñadas nin máis nin menos que por artritris.
Xa sabes, se queres unha camiseta cun debuxo exclusivo para unha temática en concreto ou simplemente ser orixinal só tes que dicirmo e che enviaremos bosquexos para que aceptes.
A partir de aquí Costureiriña porase mans á obra!!
Anímaste???
Xa sabes, se queres unha camiseta cun debuxo exclusivo para unha temática en concreto ou simplemente ser orixinal só tes que dicirmo e che enviaremos bosquexos para que aceptes.
A partir de aquí Costureiriña porase mans á obra!!
Anímaste???
xoves, 24 de outubro de 2013
Personalizoo tooodo!
E se che digo que esta que ves aquí e unha funda dunha silla de paseo McLaren... Reversible, impermeable na zona dos pes, completamente adaptada á silla e por suposto, personalizada coas telas que máis lle gustaban á súa dona.
As pequenas cousas fan que sexamos diferentes.
Un moucho para a miña moucha
E se preparamos unha festiña personalizada??
Que vos parece se lle damos un toque especial a esa festa que tes que preparar... Conta con costureiriña para decorala, facer esa tarta de chocolate que tanto che gusta ou esas galletiñas de toda a vida ben preparadas!
Para facer que se sintan ben especiais
Esta é a proposta que vos fai Costureiriña para vestir os aniversarios dos e das peques da casa. Con esta coroa ninguén terá dúbida de quen está de aniversario ese día nin de cantos anos cumple!!
mércores, 23 de outubro de 2013
Estreliña do rock
Esta camiseta foi un encardo para a filla dun rockanroleiro, xa vedes ata onde se pode chegar personalizando!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)