sábado, 7 de decembro de 2013

Modelos de bolsas-mochila

Modelos de bolsas mochila formadas de tea normal ou impermeable para a merenda, a muda,os cueiros... En fin, para gardar o que se queira,ir cómoda e, sobre todo, levar as mans libres!!! ;-)

Outra estreliña do rock

Esta estreliña vai directa para Mallorca. Un agasallo para a nena dunha mamá roqueira, que a desfrutedes!!!

Estrela de Nadal

Encargáronme esta estrela para decorar a porta dunha casa. Desfrutei un montón de facela e do resultado...encántame!!

domingo, 17 de novembro de 2013

Todo ben conxuntadiño!!

Xa vedes o ben conxuntadiño que vai todo; temos, as bolsiñas, cada unha para a súa cousa, a roupa sucia, a merenda e a muda limpa, unha toalla con capucha, un arrullo para levar ó bebé ben tapadiño e a funda do nórdico. 
Espero que vos guste!!


xoves, 14 de novembro de 2013

Surtido de teas, miradeo e remiradeo tódalas semanas, sempre hai novidades! Podedes facer as vosas propias composicións!


Teas impermeables
Teas polares para o forro das Bragas-Babeiro

Aínda que o surtido se vai ampliando case que cada semana, este é o que hai ata o de agora. Anímovos a que, se tedes algunha idea, lle deades cor con estes tecidos e lla encarguedes a Costureiriña.